A saúde Mental é un Dereito Humano.
Hoxe parámonos a reflexionar acerca da importancia de coidar a nosa Saúde Mental e a da xente que nos rodea.
Resulta indispensable normalizar e colaborar a eliminar o estigma que rodea ás enfermidades mentais.
Tal e como salienta a Organización Mundial da Saúde, cada vez máis adolescentes e xoves presentan problemas de saúde mental.
Coñecer polo que pasan outras persoas axúdanos a non atoparnos tan sós ante a enfermidade.
Nos libros podemos atopar experiencias, pensamentos e reflexións coas que sentirnos comprendidos.
Este é o caso dunha das nosas autoras favoritas, Sylvia Plath, que na súa novela “A Campá de Vidro“ trata o tema da saúde mental.
A campá de vidro publicouse en 1963, semanas antes da morte de Plath, baixo un pseudónimo. Baseada en experiencias autobiográficas, a protagonista da novela é Esther Greenwood, unha brillante moza de 19 anos que viaxa a Nova York e que cae nunha espiral depresiva. A novela fala de saúde mental e tamén das oprimentes expectativas que a sociedade estadounidense da época impoñía ás mulleres.
Atopa este libro e moitos máis na nosa biblio!