“Batallón de modistillas” cóntanos a historia de varias mulleres pioneiras en cadansúa faceta relacionada coa moda do século XX.
A loita polos dereitos das traballadoras da moda ou a asociación gremial de mulleres confeccionistas son algúns aspectos tratados.
Todas elas loitan por conseguir que a moda sexa unha ferramenta para alcanzar a independencia económica e a liberdade.
Queren adaptar a roupa e a súa confección ao estilo de vida que desexan, xa que a moda foi, dende o principio, unha actividade onde as mulleres realizaban o groso do traballo, pero non conseguían dirixir empresas nin crear o produto.
Este libro convídanos con estas breves biografías a seguir investigando sobre as protagonistas. Coas súas referencias culturais de distintos momentos do século XX podemos completar o panorama social das épocas nas que elas viviron e loitaron.
É un libro totalmente recomendado para os interesados na moda e a súa historia, sen caer nos personaxes tradicionalmente considerados de renome. Aquí temos outras historias igualmente significativas que merecen ser coñecidas.
Paula Juncal, profesora de Patronaxe e Confección