Este mes reunímonos para parolar arredor desta obra de Carmen Villar, que recopila os fotopoemas publicados na súa conta de instagram @rosmoninha
O libro aúna en forma de díptico foto-poema, versos que complementan imaxes, fotografías que ensalzan verbas.
Vivimos unha tarde moi especial na reunión de febreiro do Club de Lectura! Rimos, choramos, conversamos, … e gozamos coa presenza de Carmen Villar.
O seu libro de fotopoemas “Os mil e un días” convidounos a reflexionar sobre os elementos cotiás, os lugares comúns e todo aquelo o que nos fai humáns.
Agradecemento especial ao alumnado e profesorado de Hostalaría e Turismo que nos preparou as deliciosas lambonadas e cafés que vedes nas fotografías.