Xuntanza maio

... xuño xa (e final de curso)

O #ClubLecturaViaxeDeVisma finaliza por este curso! E que ben o pasamos! 📚🤗☕🍪🍰🫖📖

A reunión do Club deste mes foi reducida en participantes pero enorme no formato. 📗🔊

Escoitamos un anaquiño do libro “Canto yo y la montaña baila” e alucinamos coa narración tan inmersiva de Irene Montalà.

Tamén argallamos plans para os Clubs de Lectura do curso que ven. Non perdades detalle o vindeiro mes de outubro, que haberá sorpresas 🎇

Agradecemento infinitos ♾️ ao alumnado e profesorado de Hostalaría por todas as lambonadas e bebidas reconfortantes. Un luxo!

A lectura non remata aquí, levádela a calquera sitio no voso peto se descargades a app bega-elbe2. Unha morea de libros gratis para elixir!!!

@bescolaresgal

#ELBE2 #lecturadixital #PLAMBE #prestamodixital #BiblioPaseo #BiblioPaseoDasPontes #CIFPPaseodasPontes #bescolaresgalabertas #bescolaresgal #FPGalicia

Que fixemos no Club de Lectura? Ler. Parolar. Comer. Repetir. Rematamos o Club de Lectura Mensual para Tod@s por este curso
Que fixemos no Club de Lectura? Ler. Parolar. Comer. Repetir.
Rematamos o Club de Lectura Mensual para Tod@s por este curso con "Canto eu e amontaña baila" de Irene Solà
Rematamos o Club de Lectura Mensual para Tod@s por este curso con "Canto eu e a montaña baila" de Irene Solà
Rematamos o Club de Lectura Mensual para Tod@s por este curso con "Canto eu e amontaña baila" de Irene Solà
Escoitamos un capítulo do audiolibro "Canto yo y la montaña baila" de Irene Solà mentres degustamos as delicias do obrador de pastelaría
A lectura segue no verán na plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es
A lectura segue no verán na plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es

Libro maio

Canto eu e a montaña baila

#ClubLecturaViaxeDeVisma Despedíndonos do Club de Lectura ata o curso que ven con moita emoción!
🎶🗣️🎶⛰️💃.

Reunirémonos para falar da novela de Irene Solà ( @irene.sola.saez ), “Canto eu e a montaña baila” mentres tomamos café e lambonadas ☕🫖🍵🍪🍰

Libro de maio: Canto eu e a montaña baila
Libro de maio: Canto eu e a montaña baila
Máis libros de Irene Solà na biblio do CIFP Paseo das Pontes: "Deiche ollos e miraches as tebras"
Máis libros de Irene Solà na biblio do CIFP Paseo das Pontes

Lembra que mudamos a data para o xoves 5 de xuño ás 16:30 na biblio (ou no xardín se o tempo acompaña 😉)

Libros gratis na plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es
Libros gratis na plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es

A lectura non remata nunca na plataforma E-LBE2

bega-elbe2.edu.xunta.es

Accede dende calquera dispositivo electrónico a un mundo de libros de balde!

@bescolaresgal

#FPGalicia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #CIFPPaseodasPontes #clubsdelectura #ViaxeDeVisma #BiblioPaseo #ELBE2 #BiblioPaseoDasPontes

Xuntanza 3º trimestre

Este libro te hará vivir más (o por lo menos mejor)

Club de Lectura Trimestral de profesorado e PND - 3T

#ClubLecturaViaxeDeVisma sen parar este trimestre!

Tivemos a última das reunións do novo Club de Lectura que botamos a andar este curso:
*Club de Lectura trimestral no restaurante de profesorado e persoal non docente

Lectura do ensaio Este libro te hará vivir más (o por lo menos mejor) da científica e divulgadora coruñesa Tamara Pazos (@putamen_t). Coordinámonos co profesorado de cociña, pastelaría e servizos para degustar un menú equilibrado, acorde coa temática dos hábitos saudables que é o fío condutor do libro.

Grazas infinitas ao alumnado e profesorado de Hostalaría e Turismo por todas as cousas ricas que elaboran para as nosas xuntanzas!! 😋🥰🧆🥗🍲🥧🍰🍪☕🫖🍵

@bescolaresgal

#FPGalicia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #CIFPPaseodasPontes #clubsdelectura #ViaxeDeVisma #BiblioPaseo #BiblioPaseoDasPontes #HabitosSaudables

#bandadeseñada para comela

Viñetas con sabor

Na cociña, coma na banda deseñada, o tempo, a expresión e a creatividade son ingredientes esenciais. Mentres unha receita marca os pasos que levan á maxia dun prato, unha viñeta acompáñanos polos camiños da imaxinación. Mais que pasa cando mesturamos ambos mundos?

A banda deseñada está a gañar protagonismo como ferramenta didáctica e inspiradora no ámbito gastronómico. Dende manuais de receitas ilustrados ata historias culinarias autobiográficas, o noveno arte está a cociñar novas formas de contar, aprender e saborear.

No noso centro, o CIFP Paseo das Pontes, podes atopar moitos exemplos deliciosos como por exemplo, Let’s Make Ramen! de Hugh Amano e Sarah Becan, unha guía paso a paso que combina receitas con humor e cultura xaponesa, ideal para comprender procesos culinarios como a elaboración de ramen, dumplings ou noodles dun xeito visual e atractivo; ou outros libros como La cantina de medianoche de Yaro Abe, un manga ambientado nunha taberna de Tokyo aberta de madrugada, onde cada prato serve de fío condutor para historias íntimas entre personaxes entrañables. Unha oda ao poder emocional da comida.

Estes títulos, ademais de entreter, son ferramentas pedagóxicas potentes. Na aula, a banda deseñada pode ser usada para traballar as receitas coma guións gráficos, reforzar a comprensión dos procesos culinarios e desenvolver a creatividade do alumnado. Imaxinádevos ilustrar paso a paso como se fai un caldo galego ou unha empanada: expresión artística e técnica culinaria da man.

En tempos onde o visual e o narrativo converxen, a cociña pode atopar na banda deseñada unha aliada inesperada para innovar, aprender e emocionarse. Porque, ao fin e ao cabo, cociñar tamén é contar historias. E que mellor maneira de facelo que con sabor… e con viñetas.

Xuntanza abril

O teatro entra na biblio

#ClubLecturaViaxeDeVisma sen parar despois das vacacións!

E a biblioteca saiu a escena coa lectura dunha obra teatral 

🎭

Que fixemos no Club de Lectura: Ler. Parolar. Comer. Repetir
Que fixemos no Club de Lectura: Ler. Parolar. Comer. Repetir
Club de Lectura Mensual para Tod@s - Identidade de Nee Barros
Club de Lectura Mensual para Tod@s - Identidade de Nee Barros

Este mes toda a comunidade educativa puido unirse a noso Club lendo “Identidade. A normalidade do non-común” de Nee Barros a través da plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es

Grazas infinitas ao alumnado e profesorado de Hostalaría e Turismo por todas as cousas ricas que elaboran para as nosas xuntanzas!! 😋🥰🧆🥗🍲🥧🍰🍪☕🫖🍵

@bescolaresgal

#FPGalicia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #CIFPPaseodasPontes #clubsdelectura #ViaxeDeVisma #BiblioPaseo #BiblioPaseoDasPontes #LGBTQIA

Libro abril

Identidade. A normalidade do non-común

Libro abril - Identidade de Nee Barros
Libro abril - Identidade de Nee Barros

#ClubLecturaViaxeDeVisma Rematando abril por todo o alto!

Reunímonos  o próximo 30 de abril para falar da obra de teatro de Nee Barros ( @neeumatiko ) , “Identidade. A normalidade do non-común” mentres tomamos café e larpeiradas ☕🍰

Este libro fálanos da necesidade de ser fóra dos moldes que marca a sociedade.

Descobre outros libros de Nee Barros (@neeumatiko) 🌈 ⚧️ na nosa biblioteca 🏳️‍🌈 🏳️‍⚧️:

Non estamos quebrades

ou a antoloxía de relatos

Alguén nos lembrará

 
Máis libros de Nee Barros na biblio do CIFP Paseo das Pontes
Máis libros de Nee Barros na biblio do CIFP Paseo das Pontes
Biblioteca escolara a escena na plataforma bega-elbe2.edu.xunt
Biblioteca escolara a escena na plataforma bega-elbe2.edu.xunta.es

As bibliotecas escolares volvémonos teatreiras!

Non deixes escapara a oportunidade de gozar da morea de obras de teatro dispoñibles en bega-elbe2.edu.xunta.es

Únete ao noso Club en calquera momento!

Apúntate na propia biblioteca ou no formulario online:

bit.ly/clublecturatodxs

Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs
Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs

Xuntanza marzo

A poesía máis escura e tenra

Que fixemos no Club? Conversar co autor (花火)
Que fixemos no Club? Conversar co autor (花火)

#ClubLecturaViaxeDeVisma fervendo de emocións!

Que luxo ter a 花火 ( @o_hanabi 💊
) para falar do seu libro 𝄽 trítono 𝄽 na nosa reunión mensual!

Descubrimos a morea de referencias que se atopan agochadas como tesouros no seu poemario (videoxogos, filosofía, música, etc.), e quedamos con ganas de máis! 🖤👹🖤

Mil grazas ao alumnado e profesorado de Hostalaría e Turismo que nos preparou lambonadas gorentosas! 🍧🍪🥯☕🫖🍵🍩

@bescolaresgal

#BiblioPaseo #lecturadixital #clubsdelectura #viaxedevisma #CIFPPaseodasPontes #bescolaresgalabertas #bescolaresgal #FPGalicia #BiblioPaseoDasPontes

Club de Lectura mensual para tod@s - 𝄽 trítono 𝄽
Club de Lectura mensual para tod@s - 𝄽 trítono 𝄽

Libro marzo

𝄽 trítono 𝄽

Libro marzo - 𝄽 trítono 𝄽 de 花火
Libro marzo - 𝄽 trítono 𝄽 de 花火

#ClubLecturaViaxeDeVisma Ilusión en marzo (xa abril) co Club de Lectura para tod@s… 🖤👹🖤

Acompañaranos 花火 ( @o_hanabi 💊
) autor do libro que lemos este mes: 𝄽 trítono 𝄽

Falaremos desta fascinante obra mentres tomamos café e lambonadas ☕🍪

Lembra: xoves 3 de abril, ás 17:30 na biblio

Virá o autor: 花火 (@o_hanabi)
Virá o autor: 花火 (@o_hanabi)

Na biblio do CIFP Paseo das Pontes somos moi fans da editorial “Malafera” ( @edicionsmalafera ), onde Alfredo Vázquez é codirector xunto con Branca Trigo ( @brancatrigo ).

Recomedámosvos que exploredes este refuxio literario independente e autoxestionado, ideal para as que gozamos dos xéneros híbridos.

🖤👹🖤.

Edicións Malafera na biblio do CIFP Paseo das Pontes
Edicións Malafera na biblio do CIFP Paseo das Pontes

Únete ao noso Club en calquera momento!

Apúntate na propia biblioteca ou no formulario online:

bit.ly/clublecturatodxs

Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs
Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs

Xuntanza febreiro

"Imaxinade unha novela con esta trama..."

Que fixemos no Club? Conversar co autor (Javier Peña)
Que fixemos no Club? Conversar co autor (Javier Peña)

#ClubLecturaViaxeDeVisma con moitas cousas que compartir!

Tivemos o privilexio de contar con Javier Peña @javierpenalopez1979 na nosa reunión de febreiro, quen nos falou do proceso detrás do seu último libro “Tinta Invisible” (que non nos cansaremos de recomendar)

A súa última obra recolle historias e reflexións sobre escritores e a creación literaria, tendo como fío condutor a vivencia da reconciliación e a despedida.

Puidemos explorar o caderno de notas de “Tinta Invisible”,  e descubrir aspectos descoñecidos do mundo editorial.

Creouse un ambiente moi distendido que deu pé a compartir experiencias sobre as relacións familiares e o dó.

Club de Lectura mensual para tod@s - Tinta Invisible
Club de Lectura mensual para tod@s - Tinta Invisible

Auguramos éxito contundente na súa próxima xira por Latinoamérica, onde triunfa o seu podcast “Grandes Infelices” ✨✨✨✨

Libro febreiro

Tinta Invisible

#ClubLecturaViaxeDeVisma Emoción en febreiro co Club de Lectura para tod@s… 🎇✨🎇

Lembra: xoves 27, ás 17:30 na biblio

Libro febreiro - Tinta Invisible de Javier Peña
Libro febreiro - Tinta Invisible de Javier Peña
Virá o autor: Javier Peña (@javierpenalopez1979)
Virá o autor: Javier Peña (@javierpenalopez1979)

Acompañaranos Javier Peña ( @javierpenalopez1979 ) autor do libro que lemos este mes: “Tinta Invisible”.

Falaremos desta maravillosa obra mentres tomamos café e lambonadas ☕🍪

Animámosvos a escoitar o podcast que deu orixe ao libro que lemos este mes: “Grandes Infelices

Escoita o podcast "Grandes Infelices" en bit.ly/grandespodcast
Escoita o podcast "Grandes Infelices" en bit.ly/grandespodcast

Únete ao noso Club en calquera momento!

Apúntate na propia biblioteca ou no formulario online:

bit.ly/clublecturatodxs

Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs
Apúntate a o Club de Lectura en bit.ly/clublecturatodxs