Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres: 25 de novembro
A nosa Biblio é un espazo seguro. A nosa Biblio é un lugar para compartir experiencias. A nosa Biblio é o recuncho onde os andeis e as paredes contan historias.
Este 25 de novembro eliximos contar a historia de Pepa e Pepe, creada pola socióloga Carmen Ruiz Repullo e ilustrada con viñetas de Ramón Besonías. A relación destes dous adolescentes axúdanos a identificar esas violencias “invisibles” que pouco a pouco van medrando conforme avanza o control e o abuso.
Podes pasarte pola entrada do noso Centro e botarlle un ollo a esta historia; de seguro que algunhas das situacións que conta che resultarán coñecidas…
Ou se prefires, escoita á propia autora no seguinte vídeo:
As viñetas tamén saen da biblio e métense nas clases para visibilizar a violencia contra as mulleres.
Neste caso da man da profesora de francés Ana Boedo, quen aproveitou o libro “In Vino Femina. Les tribulations d´une femme dans le monde du vin” (de Alessandra Fottorino) para ilustrar situacións de machismo no mundo do viño co grupo de 2º curso de Dirección de Servizos de Restauración