Dende a Biblio do Paseo sumámonos á celebración do Día das Escritoras!!!
“Nesta edición […] o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio”.
Aproveitamos que Marta Sanz encárgase este ano de comisariar o evento para amosarvos algúns dos seus libros a disposición na nosa biblio, así como os de outras autoras que vos animamos a coñecer: Clarice Lispector, Joan Didion, Marjane Satrapi…
O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Dende Bibliotecas Escolares déixannos unha selección de textos para gozar deste día:
- TEXTOS SELECCIONADOS POR MARTA SANZ
- SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS (Colaboración de Xosé Mª Lores)
Animávosvos a compartir nas vosas redes as autoras que máis vos emocionan cos cancelos
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras